Reciclar en Santiago ten premio!

Forma parte da Tropa Verde e obtén recompensas polas tuas accións responsables

Últimas noticias

Que é Tropa Verde?

Tropa Verde é unha plataforma multimedia que ten por obxectivo fomentar a reciclaxe e a responsabilidade ambiental entre a cidadanía premiando de forma directa as boas accións medioambientais.

A web tropaverde.gal conecta os tres elementos necesarios para conseguir dito obxectivo:

  • a cidadanía
  • os lugares onde os cidadáns e cidadás podemos depositar residuos e onde nos premiarán con cheques da Tropa Verde
  • aqueles comercios e establecementos de hostalaría que colaboran aportando agasallos e/ou descontos

Como funciona Tropa Verde?

O funcionamento é moi sinxelo: cada vez que un cidadán ou cidadá deposita un residuo (nos lugares que se indican no apartado "Gaña estrelas" da web) recibe un cheque con estrelas (puntos). Esas estrelas o cidadán ou cidadá pódeas ir acumulando na súa conta (previa alta de balde na web) para trocalas por descontos e agasallos que aparecen no apartado "Recompensas". As recompensas apórtanas os comercios e establecementos de hostalaría que colaboran como patrocinadores da plataforma.

Realiza accións responsables

Entrega os teus residuos nas instalacións de reciclaxe axeitadas.

Obtén estrelas

Recibe puntos e méritos polas túas accións. Máis accións responsables, máis estrelas.

Troca por recompensas

Cambia as túas estrelas por agasallos e goza facendo as cousas ben.

A que estás esperando? Aproveita esta oportunidade e date de alta! É de balde!

Clasificacións por zonas

Clasificación por total de estrelas gañadas

Nome Nº Usuarios Estrelas gañadas
1 Conxo - A Choupana - Volta do Castro 24 4672
2 Santa Marta - Campus Sur - Vidán 18 4504
3 Fontiñas 15 3035

Clasificación por número medio de estrelas

Nome Nº Usuarios Nº Medio de estrelas
1 Vite 5 545,00
2 A Almáciga - San Caetano 4 350,00
3 Galeras - Sar 5 283,40

Colaboradores